I Congreso “Eres lo que comes”

18 enero 2018

La cita será en Vigo, la “Xuntaza” la organiza El Centro Juvenil Abertal. Se espera una participación de más de 100 jóvenes de entre 15 y 19 años. Ambientado en el formato de un Congreso, con acreditaciones, “photocall”, ponencia marco del encuentro a cargo de Ana Preijigueiro, experta en nutrición.

Posterior a la inauguración y ponencia se desarrollarán los seminarios en los que se trabajarán distintos aspectos relacionados con la salud: física, psicológica, social y espiritual. Ya por la tarde se ha organizado un tiempo de “networking” para facilitar el intercambio y encuentro entre los participantes. A las 4 de la tarde está prevista una Celebración en la Parroquia de María Auxiliadora, donde se compartirá lo vivido durante toda la mañana.

El acto de clausura está previsto en torno a las 17:!5 h. para que los jóvenes que se desplazan de otros lugares: Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña, Cambados puedan salir para las 6 de la tarde hacia sus casas.

En torno al slogan “Eres lo que comes” se darán cita más de 100 jóvenes de entre 15 y 19 años pertenecientes a los Centros Juveniles Salesianos de Galicia. Estos chicos y chicas se reúnen semanalmente en sus lugares de origen y participan de momentos “más fuertes” como son los Campamentos de Verano en julio, el Campobosco en el mes de noviembre y este encuentro en Enero, que se repite también en Semana Santa con la Pascua Juvenil. En total son 500 jóvenes los que participan asiduamente en estos grupos, en Galicia.

I Congreso “Es o que comes”

Este sábado 20 de xaneiro organízase a xuntanza dos grupos xuvenís de tempo libre das asociacións xuvenís pertencentes á FEDERACION DE CENTROS XUVENÍS DON BOSCO DE GALICIA que comprende as asociacións xuvenís ABERTAL de Vigo, DON BOSCO de Compostela, ABEIRO de A Coruña, AMENCER de Ourense e ATEIBO de Lugo; xunto co grupo xuvenil de Castrelo (Cambados)

A asociación Centro Xuvenil Abertal, socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, organiza o I Congreso “Es o que comes” para mozos e mozas en Vigo.

A xuntanza comezará a partires das 10:45 horas no Cine Salesianos (R/ Venezuela) de Vigo, onde teremos a acollida ós máis de 100 mozos e mozas de 15 a 19 anos de idade que se xuntarán.

Ambientado no formato dun Congreso, trala prescrita acreditación e pase de photocall farase a benvida inicial e terá lugar a ponencia-marco do encontro, que será levada adiante polo médica de familia Ana Prejigueiro (experta en nutrición).

Será apartires das 12:00 que teñan lugar os seminarios nos que se traballarán distintos aspectos relacionados coa saúde: física, psicolóxica, social e espiritual.

Sobre as 14:30 horas será o tempo do xantar, que se fará noslocais do Colexio María Auxiliadora-Salesianos.

Un tempo de networking facilitará o encontro entre os participantes e, ás 16:00 horas, teremos unha celebración –na parroquia Mª Auxiliadora- na que se recolla o vivido ao longo da mañá.

O acto de clausura deste encontro realizarase a partires das 17:15 no patio do centro e rematará de xeito que ás 18:00 os participantes poidan iniciar o camiño de retorno aos seus lugares de orixe.

O eslogan deste ano é “Es o que comes”. E participarán mozos e mozas desde os 15 anos de idade ata os 19 que forman parte dos grupos xuvenís de tempo libre que funcionan todo o ano cun ritmo semanal e teñen momentos fortes como son o campamento de verán no mes de xullo, o campobosco no mes de novembro, esta xuntanza no mes de xaneiro e en Semana Santa a Pascua Xuvenil. En total son preto de 500 mozos e mozas os que participan asiduamente destes grupos en toda Galicia.

 

También te puede interesar…

Share This