Comienza la 28º edición del Campamento Urbano “Amencer”

3 agosto 2015


El campamento urbano con sede en el Colegio Salesiano de Ourense se inicia el 3 de agosto hasta el 13 del mismo mes.  Para los más jóvenes el horario es de 10,30 hasta las 13,30 y luego por la tarde desde las 16,30 a las 19,30. Para los jóvenes se ofrece un Campamento Urbano Juvenil desde las 22,30 hasta las 12 de la noche.

El lunes 3 de agosto posterior a las inscripciones tendrán lugar los “Buenos Días” y la presentación de las actividades del Campamento. Después de varias actividades durante la mañana está prevista una suelta de globos en diferentes lugares de la ciudad para dar por inaugurada la 28º edición del Campamento Urbano CU “Amencer”. Por la tarde la sede del CU se convertirá en un parque de atracciones y ya por la noche, dirigido a los mayores, se organizará un concurso musical.

Toda persona interesada en participar puede ponerse en contacto con “Amencer” en el colegio salesiano en Ourense donde a lo largo de todos los días que duren el Campamento estarán abiertas las inscripciones.

INICIO DO CAMPAMENTO URBANO INFANTIL E XUVENIL

A Asociación Xuvenil AMENCER de Ourense informa sobre as actividades dos 28º Campamentos Urbanos "Ourense 2015".
    
Por 28º verán consecutivo a Asociación Xuvenil AMENCER organiza os “nosos” (de toda a cidade de Ourense) Campamentos Urbanos. Serán 9 días completos de actividades abertas e gratuítas para todo rapaz e rapaza de entre 8 e 16 anos de idade en horario de 10’30 a 13’30 e de 16’30 a 19’30 horas. E para os maiores de 15 anos ofertarase o Campamento Urbano Xuvenil en horario de 22’30 a 00’00 horas.
    
A base do Campamento Urbano será, como xa é habitual, no Colexio Salesiano. A entrada será polo portón de abaixo do colexio salesiano. Dos 9 días programados de luns a venres, pois na fin de semana non se ofertan actividades, 5 días serán en xornada completa de mañá á tardiña pois inclúen a saída á praia, ás vilas arredor da nosa cidade, aos parques da nosa cidade, ás piscinas de Monterrei, e o último día, na propia base do Campamento Urbano, no Colexio Salesiano.
    
Iniciamos o campamento este luns 3 de agosto e rematarase o xoves 13 de agosto. En total 9 días de actividades abertas e gratuítas para tódolos que o desexen. A inscrición estará aberta os mesmos días que dure o Campamento Urbano.

ACTIVIDADES A REALIZAR MAÑÁ LUNS 3 DE AGOSTO
Será o primeiro día do C.U. Ás 10’15 horas abrirase a secretaría para inscribir a todo rapaz e rapaza que desexe participar nas actividades dos Campamentos Urbanos.
    
Ás 11’15 está previsto comezar cos "Bos días" no ximnasio do colexio salesiano presentando as diversas actividades do Campamento Urbano, ós animadores participantes, e ó himno do noso campamento. E a continuación faremos grupos de idades para todo o campamento e realizaremos a primeira grande actividade titulada “Coñecéndonos”, xogos para coñecernos os que estamos no mesmo grupo.
    
E sobre as 13:00 h. xuntarémonos tódolos rapaces/as e animadores/as para facer a solta de globos desde a mesma Ponte Vella (os de 8, 9, 10 anos), desde a pasarela peonil (11 anos), desde a Ponte do Milenio (12, 13 anos), desde a terraza do Pontevella (14 anos) e desde a Ponte do Ribeiriño (15 e 16 anos) realizando entre todos a inauguración oficial do  noso Campamento Urbano. Será ás 13’10 horas.
    
Pola tarde de 16’30 h. ata as 19’30 converteremos a base do campamento urbano nun “Parque de atraccións“ con actividades varias como son ludoteca (Quen é quen xigante), tebeoteca (mímica), sala de xogos infantil (afundir a frota e catro en raia), sala de xogos xuvenil (trivial), videoteca (Conto de inverno); scalextric xigante, pimpón e futbolin, play station (pro Evolution) e wii (Wii sports) en pantalla grande, escola de baile, dardos, cartas, tardes deportivas (fútbol-sala, fútbol-8, baloncesto, hockei e bádminton); visitas culturais pola cidade (Tren Termas e “Evolution games”), obradoiros (portanotas con pinzas, marcapáxinas de fieltro, pompós de lá), teatro (taller de relaxación), Ciencia divertida (Que hai nunha tinta), karaoke, tiro con arco, golf, Slack line, exhibicións (Volei e rugby), baño en Oira, animación de patio, grafitti no muro de Saenz Diez e os grande xogo ”Xincana Capuleto e Montesco”.
    
Pola noite dende as 22’30 ata as 00’00 h para os maiores de 15 anos iniciarase o Campamento Urbano Xuvenil cun “concurso musical”.

También te puede interesar…

Share This